miércoles, 1 de diciembre de 2010

O OUTONO EN INFANTIL

 As nenas e os nenos de Educación Infantil trouxemos o outono á nosa aula.
Partindo deste centro de interese acadáronse os seguintes obxectivos:
- Experimentar a través dos sentidos.
-Observar as características propias do outono
-Participar nas festas  do contorno.
-Iniciarse na lectura e interpretación de imaxes.
-Interpretar cancións e audicións musicais.
- Contar, seriar e clasificar atendendo a diversos criterios (forma, cor, tamaño).
- Identificar e representar letras e palabras significativas.
- Desenvolver a imaxinación e a creatividade.
- Utilizar a cámara dixital infantil e responsabilizarse do seu coidado.
No seguinte vídeo podedes ver todo o que traballamos. Esperamos que vos guste!!!

sábado, 30 de octubre de 2010

Pluviómetro caseiro

Ola de novo a todos e todas.
Este ano comezamos a nosa andaina na rede cun traballo feito polos rapaces e rapazas do 2º ciclo.
Trátase da elaboración dun pluviómetro caseiro. O motivo para facelo é que os de 4º curso acabamos o tema do clima, e parécenos interesante saber canto chove nas aldeas do alumnado para poder comparar. Na clase de castelán e de galego, traballamos sobre unha escaleta para elaborar posteriormente o vídeo, na de matemáticas falamos da área de recollida do noso pluviómetro e das operacións matemáticas (adaptadas á idade do alumnado) necesarias para plasmar o resultado das nosas recollidas nos estándares que imos ver despois na información do tempo na Tv.
Traballamos un pouco as medidas de superficie e capacidade, xa que calibramos o noso pluviómetro.
Podedes ver o vídeo AQUÍ.

sábado, 13 de marzo de 2010

Fotos da igrexa de Paramos.

Xa están publicadas, no Google Earth, unhas fotos da Igrexa de Paramos que podedes ver tamén premendo neste enlace.
Tamén está publicada a ruta que vai desde o CEIP Xacinto Amigo Lera até dita igrexa. Podédela ver aquí mesmo.

jueves, 28 de enero de 2010

Entrevista aos nosos avós: Obxectivos que se traballan.

Esta actividade está feita desde a clase de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.

Os obxectivos que traballamos coa mesma son:

Razonar sobre a situación das persoas anciás na nosa redonda.

Realizar entrevistas e interpretar a información obtida como ferramenta de aprendizaxe.

Realizar pequenas investigacións ou procuras de información de forma autónoma.


Deste xeito, os alumnos e alumnas de Educación para a Cidadanía do noso centro, fixeronlle unha entrevista aos seus avós que aparece publicada nas seguintes entradas.

Entrevista aos nosos avós: A. A. C., alumna de 6º de Primaria

A VIDA DE ANTES E A DE AGORA
Antes os avós ían á escola dunha maneira diferente á de agora. Antes a escola era nunha casa vella ao lado da farmacia de Portomouro e agora é nun centro educativo ben feito ao lado do centro médico.
Os avós empezaron a traballar moi pronto: algúns con seis anos e outros con oito. Hoxe en día a xente empeza a traballar aos vinte anos ou incluso máis tarde.
Case todos os avós traballaban no campo: coidaban o gando, plantaban hortalizas e cereais, etc. Agora case ninguén traballa no campo. Moita xente traballa en fábricas, en oficinas, etc.
Antes a xente adoitaba ter moitos fillos: catro ou cinco. Agora a xente non adoita ter moitos fillos só un ou dous. Antes as persoas de Portomouro divertíanse nun cine, nun salón de baile e moitas veces tocaban as pandeiretas. Agora xa ninguén se divirte desa maneira.
Como antes non había coches a xente transportábase en bicicletas e quen non as tivera róubaas. Agora xa ninguén fai iso porque xa hai coches. Antes a xente relacionábase igual que agora: nas festas.
Aos nosos avós a vida de hoxe en día parécelle unha vida descontrolada.

Entrevista aos nosos avós: X. B. R., alumna de 6º de Primaria

CUESTIONARIO A Mª DO CARMEN FRAGA CAMEÁN:
Miña avoa naceu en Cornes lugar cerca de Vilariño no concello de Val do Dubra. Miña avoa ten 5 irmáns contando con ela. A anécdota que máis lle acorda da súa infancia foi un dia de festa na casa duns familiares dos irmáns no que quedaron todos na casa e se foron seus país. Os irmáns máis trastes querían levar a un carneiro que tiñan diante dunha “luna*”. Cando o carneiro chegou ao “sobrado” e viu o seu reflexo na lúa, embisteu, rompeu o cristal e baixou a tombos polas escaleiras. Cando seus pais voltaron da festa, berráronlle moito a meus tíos avós.
A súa escola era bastante sinxela e pobre. O seu profesor era un home que sabía algo máis ca eles, os rapaces.
Miña avoa comezou a traballar con seis anos nas tarefas de “chamar ás vacas*” e o coidando dos animais. Desde pequena xa tiña un oficio: ser agricultora e gandeira.
Miña avoa tamén lle axudaba as seus irmáns maiores a traballar no monte collendo “panadas*” de toxo.
Tiña unha boa relación coas rapazas da súa idade. Para divertirse cando chovía, ían unhas ás casas das outras. O que mais lle gustaba era xogar a un xogo que consistía en agarrarse facendo unha roda e a que se equivocara tiña que andar á “brincadeira*” e cantar unha canción.
Segundo a súa opinión a forma de divertirse dos adolescentes non a acaba de comprender moi ben. Ela di que é moi antiga e anticuada, pero que antes se divertían e non agora con certas cousas como o alcohol.
“LUNA”: ESPELLO
“SOBRADO”:PLANTA DE ARRIBA DUNHA CASA
“CHAMAR NAS VACAS”: LEVAR AO GANDO A PACER
“PANADAS”: COLLER ALIMENTOS OU PRODUTOS EN ABUNDANCIA
“BRINCADEIRA”:ANDAR CUN PÉ SO, Á PATACOXA

Entrevista aos nosos avós: L. S. V., alumna de 6º de Primaria

Miña avoa empezou a traballar os 6 ou 7 anos cando era moi nova, na súa escola escribían cunhas pizarras, non coma agora que hai libros. Antes hasta había nenos que non ían a escola e quedaban na casa traballando. Traballaban levando as vacas a pacer e ás ovellas, dábanlle de comer aos animais: conexos, galiñas, porcos etc, e os ovos non se comían, se non que se vendían. Miña avoa tiña 6 irmáns, naquel tempo as familias tiñan moitos fillos.
Levantábase moi cedo para ir á herba, regar as plantas, coidar os animais... As mulleres facían traballo distinto ao dos homes, que traballaban fora. Ela xogaba polo corral, a andar coa corda, xogar á mariola, á queda, ás agachadas, facer co pelo das espigas unha boneca para xogar e cando había algunha romaría levábana ás veces. Cando era pequena ía coas súas amigas.
Para pasar o tempo, no inverno á veira do lume, a asar castañas e a contar historias de medo. Ás veces ían roubar patacas para asar e despois comelas.
Para ligar tiña que vir o mozo a buscar á moza á casa. A nai da moza estaba alí con ela e case sempre moceaban de noite.
Con respecto á vida de hoxe en día, miña avoa pensa que se vive mellor que antes  porque hai máis cartos, hai máis comida, hai máis cousas. Tamén pensa que agora os nenos teñen moito vicio porque o teñen todo feito.

lunes, 25 de enero de 2010

Fotos novas

No noso blog de Panoramio hai unhas fotos preciosas da chea do rio Tambre desta fin de semana ao seu paso por Portomouro.
Foi a alumna de 4º de primaria P. G. E. quen nolas facilitou.
Moitas grazas.
Preciosas fotos.

martes, 10 de noviembre de 2009

O Samaín

0 día 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Os profesores repartíronnos en tres grupos: primeiro infantil, despois 1º, 3º e 6º, e por ultimo 2º, 4º e 5º. O primeiro grupo foi ao xogo das pistas, o segundo grupo ao obradoiro de maquillaxe, o terceiro a decoración de cabazas e despois fomos trocando de actividade. No xogo das pistas tiñamos que atopar o chocallo que era o tesouro, no obradoiro de maquillaxe tiñas que pintar a cara do que ti quixeras, pero…Tiñas que dar medo! e na decoración de cabazas tiñas que decorar unha cabaza como quixeramos. Gustáronme moito estas actividades sobre todo o xogo das pistas, espero pasalo tan ben todos os anos.


A. A. C (6º de Primaria)



Debuxo de X. B. R. (alumna de 6º de Primaria)


jueves, 5 de noviembre de 2009

Paramos

Temos unha descrición de Paramos feita pola alumna de 3º de primaria A. B. Q., que podedes ver premendo aquí.